Ourense reivindicou a Celso Emilio Ferreiro no Día da Poesía

ourense / la voz

CULTURA

O Pen Clube de Galicia e a Deputación de Ourense homenaxearon a figura e a obra do poeta de Celanova

22 mar 2012 . Actualizado a las 06:58 h.

O Pen Clube de Galicia e a Deputación de Ourense reivindicaron onte a figura e a obra de Celso Emilio Ferreiro na celebración do Día Internacional da Poesía. Nos actos participou o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad, e estaba prevista a presenza do presidente da Real Academia Galega, aínda que Méndez Ferrín non puido acudir polo pasamento dun familiar. Luís González Tosar, presidente do Pen, introduciu o acto lendo A poesía é verdade, do poeta de Celanova, e lembrando a figura «do poeta maior» ao que tivo «a honra de coñecer». Manuel Baltar, presidente da Deputación, ratificou o compromiso do organismo cos actos do centenario do escritor -na sesión proxectáronse fotos mercadas pola Deputación a Foto Villar da homenaxe ao poeta en 1966, antes de emigrar a Venezuela- e Xesús Vázquez dixo que a consellería axudará «a sacar a poesía á rúa».