Poesía e música en Cospeito para lembrar a Darío Xohán Cabana

la voz LUGO

COSPEITO

Darío Xohán Cabana, nun acto das Letras Galegas dedicadas a Manuel María.
Darío Xohán Cabana, nun acto das Letras Galegas dedicadas a Manuel María. Xosé Castro

A asociación veciñal A Pena de Santa María organiza para este domingo 7 un recital e un concerto co grupo Son de Corda

02 abr 2024 . Actualizado a las 13:32 h.

A asociación veciñal A Pena de Santa María de Cospeito organiza un acto en lembranza do escritor chairego Darío Xohán Cabana, nado en Roás (Cospeito), en 1952 e falecido en 2021. «Queremos así recoñecer o seu traballo a prol da lingua e cultura galegas e a inmensa obra que nos deixou na que a Chaira, os chairegos e chairegas a defensa da Terra e da Galicia amada teñen un importante lugar», sinalan

O acto terá lugar o domingo día 7 de abril ás 18.30 horas na Casa de Cultura da Feira do Monte. Comezará cun esbozo biobibliográfico do autor, continuará con recitado de poemas por parte de alumnado do IES Basanta Silva de Vilalba e do CPI Virxe do Monte de Cospeito e rematará coa actuación do cuarteto de Lugo Son de Corda, que interpretará o concerto «Na casa deles» no que canta poemas musicados de Pimentel, Díaz Castro, Cunqueiro, Manuel María e Xohán Cabana.

Son de Corda está formado por destacados músicos de Lugo: Esperanza Iglesias, soprano; Carmen Prendes, contralto; Fernando Gómez Jácome, tenor e Antón Castro, baixo.