As Nogais celebra a Feira da Empanada os días 28 e 29

Laura López LUGO / LA VOZ

AS NOGAIS

Imaxe de arquivo da Feira da Empanada das Nogais
Imaxe de arquivo da Feira da Empanada das Nogais Carlos Castro

A festa inclúe mercado de produtos dos Ancares, charlas, teatro, música e degustacións

22 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

As Nogais celebra a próxima fin de semana a XV Feira da Empanada e outros produtos dos Ancares, con mercado, charlas, teatro, música e degustacións.

Sábado 28

· 19.30h. Un ollar da cultura a prol da igualdade. Representación teatral e coloquio a cargo da Asociación Cultural Abrente.

· 21.00h. Touciñada e chourizada popular na Praza do Concello, amenizada pola música da Asociación Cultural Abrente.

· 22.30h. Verbena co grupo D’Caché.

Domingo 29

· 10.00h. Apertura de postos da XV Feira da Empanada.

· 13.15h. Lectura do pregón, a cargo de Arturo Fernández, presentador e director de programas da televisión de Galicia e veciño de As Nogais.

· 13.30h. Música e baile tradicional a cargo da Asociación Cultural Abrente, con representación dos Maios a cargo dos nenos e nenas.

· 19.30h. Clausura da Feira da Empanada.