Curar feridas imposibles

Xulio Xiz

LUGO

14 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O refraneiro acredita que os maiores antagonismos se dan nos colectivos de persoas unidas por intereses económicos, sociais ou políticos. Así cóidase que o previsible inimigo é o do mesmo oficio, que «non hai peor cuña ca a da mesma madeira» ou que hai que gardarse dos amigos, que dos inimigos gárdase calquera. Ea evolución dos acontecementos ven confirmalo, especialmente se temos en conta que as feridas que entre iguais se produzan son por veces imposibles de curar.

Podemos ven de poñer fin á súa primeira grande crise, suponse que superando a escisión en dúas enconadas posturas, dous xeitos de ver o futuro en dúas posturas personais radicalizadas, que agora poderá sedimentar. O que ninguén pode agardar é que se considere que «aquí non pasou nada», senón que - Rosón dixit- «pasou o que pasou». E nada será igual desde agora

Ven ahí, tamén, non se sabe cando, pero toca, a elección da nova Xunta Local do P.P. que, se provoca expectación xeral, gran interese esperta dentro do partido que sufríu importante impacto nas eleccións á Xunta provincial, gañadas por Elena Candia e o seu equipo, que agora deberán revalidar a confianza obtida.

Sempre hai feridas que curar, por leves que sexan, e esta pode ser ocasión para levarlle a contraria ao refraneiro e comprobar que nun colectivo político é posible chegar a unha solución que non doa demasiado a ninguén.

Que ao final, ata é posible a solución cuasisalomonica que contan que proclamaba o galego Pío Cabanillas: Gañamos, pero aínda non sabemos quen.