«¿Levantar alfombras? Non vou facer revanchismo político de ningún tipo»

LUGO

Candia di que goberna sen pensar na moción de censura e que o mandato é de catro anos.
Candia di que goberna sen pensar na moción de censura e que o mandato é de catro anos. alberto lópez< / span>

Candia di que, «salvo algún caso illado», non encontrou resistencias na Deputación

11 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

-Presidenta por sorpresa e pódese dicir que dobremente investida...

-Un partido que gaña as eleccións, e o PP gañounas, sempre ten que estar preparado para gobernar. ¿Por sorpresa? Nos últimos tempos había unhas relacións moi deterioradas nos outros grupos. E como había tanta tensión, fun dobremente investida, si (rise). Pero eu preferín que houbera segunda votación, pese a que xa xurara o cargo e dera o discurso.

-¿Levantou moitas alfombras nestes primeiros días no goberno?

-¿Levantar alfombras? Non vou facer revanchismo político de ningún tipo. Hai mecanismos de control e unha investigación xudicial en marcha que seguirá o seu proceso. Estamos centrados na labor de goberno.

-E case estreándose no cargo, a xuíza Pilar de Lara ordenou outro rexistro na Deputación. ¿Como o viviu?

-Coa maior normalidade e colaborando en todo o que necesitaron. A documentación que recolleron creo que era de Intervención e de Recursos Humanos, de exercicios anteriores, incluída a etapa de Cacharro.

-Xa tomou algunha decisión con repercusión orzamentaria. ¿Mandou cambiar algo na sede da institución, ten mesa nova, fixo ou vai facer reformas no despacho?

-Non cambiamos nada; é máis, usamos incluso as mesmas carpetas que usaban o PSOE e o BNG. Si cambiamos, pero porque se esgotaron e houbo que encargar outros, os bonos para termalismo; os anteriores tiñan a foto de Gómez Besteiro; agora teñen unha imaxe máis institucional.

-Co cambio de goberno cambiou o secretario da Deputación. ¿Encontrou moitas resistencias na Casa nestes primeiros días?

-Non, a verdade é que non, salvo algún caso illado. Estou agradecida. O persoal do equipo do anterior presidente está mirando onde pode ser máis útil e estar máis cómodo.

-¿Xa rematou de facer os nomeamentos de persoal?

-Non, aínda faltan algúns para os representantes da institución en distintos órganos colexiados en que ten presenza a Deputación.

-Hai que di que bota man de persoal que gozou da confianza de Cacharro Pardo...

-Quen di iso parece que quere deixar no aire algunha connotación que non sempre é positiva. Hai moitos funcionarios que entraron nos anos en que Cacharro Pardo era o presidente da Deputación. E hai traballadores que, efectivamente, entraron hai moitos anos e que nos están axudando.

-O martes celebrarase o pleno de organización do goberno. ¿Houbo acordo con socialistas e nacionalistas?

-O pleno será as cinco da tarde. Se non cambian de criterio, creo que hai un preacordo ao 90%. Mantense o que había no 2011.

elena candia presidenta da Deputación de lugo

«O pleno de organización do goberno será o martes, ás cinco da tarde»