Sétima feira do cabalo. Paseos, espectáculos e carreiras ecuestres

La Voz

LUGO

10 ago 2012 . Actualizado a las 07:01 h.

Unha ruta de nove quilómetros polos camiños do municipio é a principal novidade da edición deste ano da feira cabalar friolense. Os interesados en participar sairán arredor das 10.30 dende o mercado. Mentres tanto, os nenos poderán disfrutar dos paseos gratuítos en poni.

Ás 12.30 está previsto que comecen os espectáculos ecuestres, nos que tomarán parte once xinetes e seis animais, todos eles profesionais de León, que amosarán o seu traballo nun vistoso espectáculo de doma e dominio de cabalos.

Xa pola tarde celebraranse os concursos de andadura, en dous e catro tempos, serrada e chapeada, con cabalos do país, de cruce, e tamén trotóns. Pola súa banda, os afeccionados locais terán ocasión de participar nunha xincana popular.

Esta intensa xornada dedicada ás actividades ecuestres rematará con sorteo dun poldro entre todos os que acudan con monta, ou que traian gando equino, entregándose rifas dende a apertura do recinto.

Mercado gandeiro de Friol

Día: Domingo, día 12

Horario: 10.30 horas

Entradas: Asistencia libre