Todos os veciños poderán votar para designar os integrantes de ambas listas
17 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.As dúas plataformas que traballan en Chantada para estas nas eleccións con candidaturas sen siglas partidarias á vista e coa etiqueta de cidadás pretenden elixir aos integrantes das súas listas mediante primarias. Nos dous casos están pensadas como votacións abertas a calquera veciño. Chantada Aberta xa ten unha lista de aspirantes a ir nesa candidatura electoral. Iniciativa por Chantada aínda non, pero os seus portavoces facían votos onte pola unidade.
«Iniciativa por Chantada fai un chamamento público a todas as persoas, organizadas ou non, que queiran participar e compartan os mínimos de defender a maioría social e acepten que as decisións as tomen directamente os veciños», din os representantes desta plataforma nun comunicado difundido onte. Eles formaron o pasado venres un grupo de traballo que dirixirá o proceso de elaboración do programa electoral e de selección de candidatos. A súa lista farase por primarias «abertas á toda a cidadanía».
A primeira das reunións das que acabaría saíndo Iniciativa por Chantada celebrouse o 24 de xaneiro. Nese encontro estiveron algúns dos que despois acabarían impulsando a constitución de Chantada Aberta, unha plataforma que se sumou máis tarde a esta carreira preelectoral pero que agora está completando estapas con máis rapidez.
De feito, Chantada Aberta proclamará hoxe a lista definitiva de aspirantes a ir na súa candidatura. Presentáronse oito persoas. e dúas delas queren encabezar a lista. Trátase de Diego Taboada Varela e de Natalia Prieto Fernández. Esta última forma parte da dirección galega de Podemos. O venres será a asemblea na que se presentarán todos os candidatos, o 28 e 29 serán as votacións e a proclamación da lista definitiva está prevista para o 1 de abril.
Os concelleiros nacionalistas
Formalmente, esta organización non participa nesta candidatura, como non o fai en ningunha outra nas eleccións municipais de maio. Pero iso non quere dicir que os seus simpatizantes nos municipios nos que ten estrutura non poidan integrarse en listas que respondan ao ideario desta organización política. No caso de Chantada, Podemos oficialmente non toma partido por ninguén, pero persoas inscritas no seu círculo local participaron na posta en marcha de Chantada Aberta despois de estar presentes na asemblea constituínte de Iniciativa por Chantada.
Nesta última plataforma participan máis ou menos activamente os tres concelleiros que foron elixidos hai catro anos na candidatura do BNG pero deixaron esta organizacións logo das escisións de Anova e Compromiso por Galicia.
electoral as vidas paralelas de Iniciativa por chantada e chantada aberta
Natalia Prieto
E Diego Taboada postúlanse
como candidatos á alcaldía