Carta a la militancia socalista

José Tomé TRIBUNA PÚBLICA

LEMOS

28 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O pasado día 24 de maio o Partido Socialista gañou as eleccións municipais no Concello de Monforte, sendo a primeira vez que isto sucede. Este logro político e froito do traballo rigoroso, coherente e continuado no tempo na defensa dos intereses de Monforte que viñemos realizando todos estes anos.

Pero isto non sería posible sen o traballo e o apoio de todos os militantes e simpatizantes que contribuíron a difundir as propostas que facíamos. Por iso, gustaríame agradecerlles persoalmente o seu traballo e o seu esforzo para conseguir un partido máis forte e preparado para asumir tarefas de goberno e levar a cabo políticas de cambio no Concello.

Estamos diante dunha oportunidade histórica para encouzar os problemas que ven padecendo Monforte nos últimos anos, freando o noso progreso, con perda de poboación e de tecido industrial e comercial, e agora temos que intentar volver a medrar e converternos nun lugar puxante económica e socialmente.

Necesito máis que nunca, que de agora en adiante, sexades os meus ollos e os meus oídos diante dos problemas da xente, para que como socialistas que somos, esteamos cerca dos nosos veciños e veciñas para poder axudarlles a mellorar as súa calidade de vida no día a día.

Chámovos a seguir construíndo o futuro de Monforte dende a unión e a poñer as nosas siglas con 136 anos de vida, ó servizo das persoas por encima de todo. Se o conseguimos, estarémoslle dando o noso Concello unha nova ilusión e unha nova esperanza.

Grazas a todos e a todas