Anxo Moure e Cristina Ouro venden nun ano 2.000 exemplares do seu conto

k. a / c.c monforte / la voz< / span>

LEMOS

03 sep 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A literatura infantil continúa a ser dos xéneros máis vendidos dentro do ámbito galego do libro. O libro «O Carballo con Botas» da ilustradora chantadina Cristina Ouro, acadou un éxito pleno logrando máis de dous mil exemplares vendidos.

O libro foi editado hai menos dun ano por Sotelo Blanco e vén de estar presente na Praza dos Libros de Carballo, onde seguiu a súa liña de atoparse entre os máis vendidos dentro dos libros infantís.

O número de exemplares da primeira edición esgotouse e haberá que agardar á súa reedición para poder adquirir o «Carballo con Botas», unha das mellores armas para educar aos nenos en canto aos incendios forestais.

Demóstrase así que a educación ambiental nos máis pequenos conséguese dunha maneira efectiva a través dunha linguaxe atractiva para eles: os debuxos e as historias de fantasía. Tamén a través dos xogos, razón pola cal se creou paralelamente á edición do libro, un blog pedagóxico. Nel, os nenos poderán atopar xogos educativos, rompecabezas, xogos de palabras e actividades para ler e escribir; todos eles vinculados ao libro «O Carballo con Botas».