O mítico grupo galego actúa esta noite en Viveiro, ás 22.00 horas
17 ago 2013 . Actualizado a las 12:28 h.Julián Hernández, xunto con Javier Soto, é un dos membros veteranos do grupo Siniestro Total, que hoxe ás 22.00 na Praza Maior, porá a guinda ás festas de Viveiro.
-¿Que tipo de público agardan? Será mestura dos seguidores que os viron nacer no 1981 e xeracións máis novas...
-Se esperaramos só a xente da nosa xeración non esperariamos a case ninguén, soe estar retirada de primeira liña de fogo. A renovación xeracional ten que ver con que na primeira fila hai xente máis nova e a medida que avanzas cara ao fondo do recinto ves a máis vella. Ese é o noso escalonamento xeracional. E é un fenómeno curioso que a xente parece que abandona a música como un pecado de xuventude, cousa que non pasa no público anglosaxón, é doutra maneira. Por un lado temos o pánico á idade, a non ser vellos, e por outro o somos. Pero hai cousas que poden ser perfectamente compatibles. Hai quen pensa, ?non leo cómics e xa non escoito rock?. Penso que é unha experiencia cercana á morte cando chegas a Mario Benedetti.
-Aquel rock dos 80, como o lembra dende hoxe, e sobre todo coa que está caendo.
-A nosa nunca foi unha historia de «salvapatrias» pero enerxía si que conservamos aínda como grupo de rock cando tocamos. Tampouco é que nos 80 o rock fose especialmente reinvindicativo, era máis ben escapista.
-Publicaron Country & Western no 2010.
-Si. Tamén estivemos trabalando dende 2011 co proxecto Land of Opportunity.
-¿Como será o concerto?
-Haberá de todo, pero maiormente a artillería pesada soe quedar para o final.