Balaídos acolle o décimo aniversario de Le-Chuzas Celestes

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

RC CELTA

A presidenta do Celta, Marián Mouriño, e o xogador Carlos Domínguez estiveron entre os asistentes

01 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A peña celtista viguesa Le-Chuzas Celestes cumpriu o ano pasado dez de vida e celebrouno este xoves nun acto para o que, por primera vez, o club vigués abriu o museo de Balaídos para un acto destas características. 

Carlos Domínguez foi o representante do plantel, pero tampouco faltaron a presidenta, Marián Mouriño, nin o responsable da área social, David González. Estivo, así mesmo, o presidente da Federación de Peñas, Pepe Méndez. Interviron varios peñistas, coa presidenta, Marta Saiz, á cabeza. Tamén acudiron representantes doutras agrupacións celtistas.