O centro de Cervás celebra o seu centenario de cultura e loita veciñal en Ares

Patricia Hermida Torrente
Patricia Hermida ARES / LA VOZ

ARES

Antigua exposición no Centro Instructivo de Cervás, en Ares
Antigua exposición no Centro Instructivo de Cervás, en Ares MARCOS CREO

Este ano terá un acto simbólico no local creado grazas a emigrados a Estados Unidos e Cuba

28 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Tan adiantado ao seu tempo era o Centro Instructivo de Cervás, que os seus socios tiñan cobertura económica en caso de incapacidade laboral. Ares celebra agora o seu centenario, cun acto simbólico este mércores ás 18.00 horas de «conmemoración da promulgación dos primeiros estatutos». A entidade creouse entre 1922 e 1924, primeiro como local alugado e despois co alzado do actual edificio por 14.000 pesetas. Recadáronse entre emigrados a Estados Unidos e Cuba.

Deste centro de Cervás tamén se destaca a súa loita veciñal, xa que estes bens foron incautados en 1936 polo franquismo. Desde entón os veciños piden a restitución das propiedades do Centro de Instrucción, Protección e Recreo de Cervás á sociedade do mesmo nome: algo que aínda non acadaron.

No acto de hoxe tamén se amosarán unha placa comemorativa e unha obra do pintor Victor Rodríguez Espiñeira creada para o evento.