«Os galegos viven o humor dun xeito máis intenso»

RAQUEL FREIRE / A.V. FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

ÁNGEL MANSO

O caricaturista e humorista gráfico reinvindica a obra de José María Cao, a quen se addica este ano a proposta

09 jul 2014 . Actualizado a las 12:57 h.

Hoxe da comenzo no campus o decimoséptimo Curso de Pensamento Carlos Gurméndez, adicado este ano á figura de José María Cao Luaces, gallego emigrado a Arxentina e considerado o pai da caricatura política arxentina. Organizado polo Club de Prensa de Ferrol, a Universidade da Coruña e Concello, extenderse ata o día 11. O director del curso, Siro López, ofrece todos os detalles.

-¿Como naceu a idea de crear este curso de carácter anual?

-A cita naceu por iniciativa do Club de Prensa de Ferrol, que pola súa boa relación co filósofo Carlos Gurméndez considerou oportuno tras a súa morte perpetuar a súa memoria con un curso de pensamento de interés xeral.

-¿Por que se decidiu adicar esta edición ao tema do humor?

-Dende Ferrol consideramos que era necesario realizar unha contribución o estudo do humor gráfico. Fanse moitos seminarios sobre humor, pero case sempre se desvirtúa o resultado polo erro de non clarificar o concepto. Aquilo que se dí de que el humor es una cosa muy seria é unha gran verdade, pois é un concepto que necesita ser acotado. Interesábanos explicar que é o humor e as características especiais do humor galego, xa que os galegos viven o humor dun xeito máis intenso que o resto dos españois.

-Este ano o curso rinde homenaxe á figura de Jose María Cao, ¿por que se decidiu adicar a cita a este persoaxe?

-A idea non foi miña, pero tras a publicación do meu libro Hai que confiar na esperanza, no que Jose María Cao é un dos protagonistas, quedou claro que este era un enorme debuxante. Por tanto, aproveitamos a ocasión e decidimos de xeito unánime dar a coñecer a figura do caricaturista. Cremos que todos isto pode ser o punto de partida para o rescate da súa memoria e para que se dea a coñecer a súa obra.