«O tema das cancións é o mesmo»

M. MEIZOSO FERROL / LA VOZ

FERROL

ángel manso

15 abr 2014 . Actualizado a las 13:05 h.

É a voz do grupo ferrolán El Viejo Caracol. Óscar Fojo comparte escenario e ensaios con Erico Pose, Mon Ibáñez, Miguel Pita, Carlos Mor, Fausto Escrigas y Agostiño Fraguío. Os sete presentan estos días o segundo adianto do seu último traballo Tanta Memez. «Para os tempos que corren, este título non vai nada mal», asegura.

-¿Que rasgos definen este disco?

-Un pouco do de sempre, pero dándolle unha volta de torca a todo. As letras están un pouco máis coidadas e a música máis elaborada. Son anos xa os que levamos xuntos e cada vez coñecémonos máis e mellor. Ao final, a base é a mesma aínda que fagamos cousas un pouco diferentes.

-¿De que falan as súas letras?

-Sempre procuramos facer cousas novas, pero o tema das cancións segue sendo o mesmo. Falamos do amor e do desamor, do que vivimos día a día, dos problemas sociais... Cada canción é de seu pai e da súa nai, os estilos son moi diferentes.

-Desde os seus inicios palpouse o seu o compromiso social.

-Non é algo perseguido senón que xorde porque é o que vivimos cada día. Estamos todos os días bombardeados por malas noticas e iso imprégnase nas letras aínda que non deixamos de intentar ser positivos, de ver o outro lado das cousas.

-¿Cando darán a coñecer o resto das cancións?

-A idea é colgar esta semana o disco completo. Vaise descargar de forma gratuita. A partir de aí comezaremos a pechar as datas dos concertos.