As vantaxes do voluntariado europeo abórdanse en Lalín

Amelia Ferreiroa

LALÍN

La chyarla tendrá lugar hoy a las 19.00 horas

29 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Charla informativa • Hoxe ás 19 horas • O salón de actos da Casa da Xuventude de Lalín acollerá esta charla informativa sobre o voluntariado europeo, co gallo de explicar as vantaxes do mesmo á mocidade e a entidades da comarca. Unha iniciativa que se inclúe no programa de actividades a desenvolver no vindeiro mes de outubro e que contempla a celebración dun obradoiro de maxia o próximo día 11. Un proxecto xuvenil de Iniciativa Xove, subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, dirixido a mozos de entre 12 e 35 anos no que se poderá aprender e desfutar das habilidades propias desa arte. Os magos Xacobe e Pedro Bugarín serán os encargados das ensinanzas, que comezarán ás 18 horas, e rematarán cunha iniciativa participativa: un espectáculo de maxia ás 20 horas. Por outra banda o 14 de outubro, venres, a directora xeral de xuventude visitará unhas instalacións nas que se acometeron recentemente unha serie de traballos de acondicionamento. Posteriormente, ao fío das 19 horas, terá lugar unha representación teatral a cargo do grupo Aicilag de Lalín que escenificará «A oficina de información» e haberá tamén proxección de varias curtas.