«Zapatillas rotas fala do que é o esencial da vida»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

DEZA

Os protagonistas do novo libro de Quiroga son un vello que marcha dun asilo e un parado que o acompaña

26 sep 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

Xabier Quiroga está de estrea, a súa nova novela Zapatillas rotas acaba de saír a luz e pódese xa mercar nas librarías. O seu protagonista e o señor Xaquín, un vello que un bo día marcha da residencia onde estaba.

-¿Quen é o señor Xaquín?

-O libro ten un subtítulo que non figura na portada e que é O insólito rapto do señor Xaquín. Un vello que desaparece nun asilo ou nunha residencia, pero o mesmo tempo a historia foi medrando, foi collendo forza e profundidade. O mesmo tempo que anda por aí con outra persoa que o leva, el vai recordando o seu pasado. É unha historia que se move en dous tempos. Unha é os pensamentos e os recordos do señor Xaquín e outra a movida actual de buscalo.

-¿Como xurdiu a historia?

-Xurdiu dunha residencia coa que teño certo contacto e coas persoas que viven alí e ocurriúseme facer unha historia denunciando o abandono.

-¿O señor Xaquín vai cun parado, algo que fala moito da situación actual?

-É unha situación moi actual que o mellor non interesa excesivamente. É un parado e un aparcado nunha residencia por unha familia que pode, pero como os vellos ás veces molestan... É un pouco denunciar o estado de abandono no que temos moitas veces os nosos maiores, persoas que tiveron unha vida e que agora o mellor son improdutivas, non xeneran nada, estorban algo e aparcámolas. Despois hai moitos máis temas, a adolescencia, o consumismo, o vacío, a corrupción do poder, a montaxe dos medios de comunicación.

-¿Na busca e procura do señor Xaquín?

-Si, si. O señor Xaquín marcha cun coñecido é armase un tinglado enorme. A historia vai medrando ata un desenlace algo inesperado.

-¿Aparte de todo o trasfondo a historia da pé a desencontros, malos entendidos, a toques de humor?

-Si, hai certo humor, nalgún sitio chamaranlle sarcasmo. Hai certa burla, certa ironía, a crítica está revestida de moitos matices.

-¿Dun xeito ou outro, os protagonistas veñen a ser dous aparcados pola sociedade e da que a sociedade esquece que son persoas con vida e con sentimentos?

-Na novela o que trato tamén é de plasmar o que é esencial na vida. A veces esquecémonos dos sentimentos, valoramos outros elementos que son puro baleiro, como é consumir, andar rápido e estas dúas persoas o final o que fan é irse descubrindo a si mesmos e demostrando que o esencial da vida está en todo o que viviron.

Xabier Quiroga escritor