«O campo prexudícanos, pero en intensidade e ilusión somos mellores»

La Voz

FISTERRA

JORGE PARRI

25 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Ignacio José Barreiro Bello, Nacho (Baio, 1977), adestrador do Fisterra, asume que vai ser unha final moi igualada.

-¿Como se lle presenta a final?

-O campo prexudícanos, pero en intensidade e ilusión somos mellores. Eles teñen a vantaxe no factor físico, por iso as dimensións do campo non van con nós.

-¿O Dumbría é o favorito?

-Eu penso que será unha final igualada. Nós compensamos o seu potencial físico coas ganas que teñen os meus xogadores. A un partido todo pode acontecer.

-É a primeira final que vai disputar vostede.

-É certo. Por iso e porque será o último partido co Fisterra e será moi especial. Sempre me gustou disputar unha final de Copa da Costa e agora chega o momento.

-¿Non seguirá no Fisterra?

-Non. Creo que o meu ciclo de catro anos toca ao seu fin. Non teño ningún tipo de destino noutros equipos neste intre. Está claro que é o momento de deixalo e gustaríame marchar cun título como é a Copa da Costa.

-O Dumbría gañoulles na liga nos dous encontros.

-Pero esta é unha final e a un só partido... Por iso o abano de posibilidades é maior para calquera dos equipos que chegamos a disputar o título. Confío nos meus xogadores para gañala.

Nacho deixará o Fisterra ao remate da final despois de catro años.