A Antonio Pérez Cueva

Manolo Trigo IN MEMORIAM

CARBALLO MUNICIPIO

22 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Vai un ano do pasamento de Juan Antonio Pedro Pérez Cueva, coñecido por todos nós como Antonio O Cordobés de Inglaterra que pasaba os veráns desde hai corenta anos en Carballo, tendo Razo como referencia. Despedímonos de novo dun amigo, pero non dun calquera, senón dun amigo na arte de vivir e cunha maxia especial; un compañeiro honrado, traballador, xeneroso e, por riba de todo, moi familiar. Xunto coa súa dona Carmen, responsable do seu carballesismo, fixo unha parella insuperable e inseparable durante toda unha vida. Deixounos a mochila rebosante de mil anécdotas e mil sorrisos que permanecerán na nosa memoria para sempre. Foi, Antonio, un amigo que nos inundou de bo humor e positivismo.

  Os que tivemos a sorte de desfrutar da súa amizade, continuamos admirándoo e lembrándoo po los seus valores como persoa. Grazas po lo tempo que nos tés dedicado. ¡Ata sempre, amigo!