A candidata nacionalista mantén a o equipo que presentou no 2011
14 may 2015 . Actualizado a las 05:05 h.Ánxela Franco (Porto do Son, 1962) afronta o seu cuarto asalto á alcaldía sonense. A militancia local acordou que sexa ela e o seu equipo máis próximo nos últimos anos os que defendan as siglas do BNG, que neste municipio mantívose unido e non caeu en divisións internas que derivasen en candidaturas alternativas.
-Leva catro anos facendo oposición ao PP, e antes ao PSOE, ¿cal é a diferenza entre uns e outros?
-A chulería coa que goberna o PP é única, tanto en Porto do Son como noutros concellos da redonda. É xente que non escoita as propostas, pero non só do Bloque. Todo ten que ser cando e como eles queren. No caso de Luis Oujo isto foi moi evidente, sobre todo cando perdeu a maioría absoluta e tivo que mostrar unha cara moi diferente.
-¿Que aporta de novo no seu programa electoral?
-Queremos fomentar o agro e o monte, pero con formación previa, para desenvolver proxectos de biodiversidade. Isto faríase de forma conxunta cos comuneiros.
-E para o mar, ¿non aportan nada novo?
-Queremos facer un polígono de bateas contando coas confrarías. Trátase de algo novo que presentaremos en campaña.
-¿Que botou en falta estes catro anos?
-Que non se escoitara ás parroquias. Queremos algo máis que farolas e asfaltados para o noso concello. Ademais, as becas para o deporte non poden ser esmolas.
Un libro: A man dos paíños
Unha película: Ágora
Un espazo: Calquera de Porto do Son
Un político: Alfredo Suárez Canal
Unha cidade: Calquera que teña casco histórico, incluídas as vilas
Unha comida: Tortilla de patacas
Un deporte: Bailar
Un personaxe histórico: María Pita
Unha canción: As catro e dez
Un desexo: Dignidade para todos