O refuxio da rehabilitación

Ana Domínguez

BARBANZA

15 mar 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Acaída da actividade na construción foi tal que calquera cifra que esperábamos parécenos pequena, e seguimos sen ser optimistas.

O visado de vivendas en Galicia continúa en mínimos, aínda que parece estancarse na súa interminable caída, polo menos na maioría das comarcas; xa que os datos do ano pasado amosan un inapreciable incremento con respecto a 2010.

Mais o Barbanza é lixeiramente distinto, sobre todo porque non amosa nin a feble recuperación doutras comarcas nin ese estancamento. O número total de vivendas visadas segue a descender. Isto parece reflectir a especial situación económica da bisbarra. Salvo nos núcleos máis grandes, o principal motor da construción eran as vivendas unifamiliares, e así segue sendo, pero nun mínimo histórico.

As dificultades son claras: a falta de crédito ou financiamento. Aínda que moitas veces estas son de autopromoción, a súa execución é igualmente difícil. Polo tanto, seguimos aprazando o futuro, quizais polo medo de aqueles que non sabían se ían ter a posibilidade de enfrontarse á construción dunha vivenda cando mesmo dispoñían da base económica suficiente ou do terreo para iniciala.

Quédanos a esperanza que xorde da estabilización da porcentaxe xeral da rehabilitación, e que esta veña a paliar algo esta situación na obra nova e, ademais, facilite o mantemento de parte do sector ata que cheguen tempos mellores.