Os Ingleses supera o Lalín na trincheira de Fontecarmoa

vilagarcía / la voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

Os de Ju gañaron 10-7 remontando na segunda parte con dous ensaios e aproveitando unha situación de superioridade numérica

01 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Terceiro partido de Liga para Os Ingleses na Primeira División Galega 2015/16, e segunda vitoria no estadio de atletismo de Fontecarmoa, onde os homes de Ju fan pleno logo de superar o pasado sábado o Lalín R.C. por un axustado 10-7.

O curto marcador reflicte á perfección a igualdade dun encontro no que Os Ingleses arrincou dominando, pero sen ser quen de superar a liña de 22 polos seus erros e infracións. Un roubo de balón no medio do campo permitíulle a Cochón adiantar o Lalín con ensaio e transformación á media hora de xogo, dando paso ata o descanso aos mellores minutos dezaos.

Na reanudación o cadro vilagarcián asumíu a iniciativa, levándose o choque con dous ensaios e o Lalín xogando en inferioridade os últimos 20 minutos.