Ovación do ciclismo galego a Modesto Sánchez

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

Asier Torrado

A viúva e dúas das fillas do excorredor cambadés recolleron a súa meción especial que lle outorgou a título póstumo a Federación Galega

27 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Foi o momento máis emotivo da Gala do Ciclismo Galego celebrada o sábado pasado no Auditorio de Ribadumia. Xunto ao recoñecemento dos mellores deportistas da comunidade no 2023, a Federación Galega procedeu ao capítulo das súas mencións especiais. Foi entón cando se pronunciou o nome do cambadés Modesto Sánchez, «un dos mellores ciclistas galegos do campo amateur» e exmecánico ciclista profesional, membro dunha longa estirpe de grandes do seu deporte en Galicia, coma o seu pai, Teto, e o seu fillo, Ángel, nese momento disputando O Gran Camiño. A viúva de Modesto, Trini Rebollido, e dúas das súas fillas, Jéssica e Nuria, recolleron a mención, co único integrante da primeira xeración dos Sánchez, Serafín, irmán de Teto e tío de Modesto, presenciándoo desde unha butaca do Auditorio. foto asier torrado