O BNG denuncia que o alcalde de Meaño obstaculiza sistematicamente o seu labor

La Voz MEAÑO / LA VOZ

MEAÑO

O Bloque acusa a Viéitez de frear unha moción sobre os verquidos ao río da Chanca
O Bloque acusa a Viéitez de frear unha moción sobre os verquidos ao río da Chanca MARTINA MISER

Os nacionalistas acúsano de non cederlles un local e impedir que se debata sobre os vertidos ao río da Chanca

08 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Malia ter constancia da existencia de diversos espazos inutilizados, o BNG acusa ao rexedor popular de Meaño, Carlos Viéitez, de negarlle en dúas ocasións un local para o desenvolvemento do seu traballo. A concelleira Rosana Domínguez sinala directamente ao rexedor, a quen responsabiliza de obstaculizar o labor lexítimo da oposición. Esta actitude, subliñan os nacionalistas, esténdese a cuestións tan delicadas coma a saúde ambiental do río da Chanca. Domínguez pretendía levar a pleno unha moción instando a Augas de Galicia a erradicar os verquidos de fecais que padece o regato: «A alcaldía desestimouna en comisión informativa, afirmando que teme que o organismo saque as cores ao Concello».