O xogo físico do líder deixa sen opcións a un Umia sen bazas ofensivas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Imaxe dun partido do Umia anterior
Imaxe dun partido do Umia anterior Martina Miser

As de Luis Treviño encaixaron o 3-0 final nos 49 primeiros minutos do partido

07 abr 2024 . Actualizado a las 08:46 h.

O Umia C.F. non conseguiu a proeza de converterse no primeiro equipo en derrotar o líder do Grupo 1 da Tercera Federación de Fútbol Femenino. De feito, o penúltimo clasificado non puido sequera puntuar no feudo do Real Avilés, que chegou ao descanso 2-0 arriba e matou o encontro aos catro minutos da reanudación.

Cunha imaxe solvente máis aló do 3-0 final, o conxunto que dirixe Luis Treviño pagou a peaxe engadida do criterio arbitral, que sendo igual para os dous equipos á hora de permitir o contacto forte, non saciouno dous derrubos de xogadoras visitantes no inicio das accións dos dous primeiros tantos: un saque de córner e unha saída de balón con centro lateral. A ausencia das súas tres xogadoras de referencia en ataque deixou sen argumentos ao Umia as contadas veces que puido armar xogada.

FICHA DO PARTIDO:

REAL AVILÉS (3): Madrazo, Elizabet (Natalia Madrazo, min 46), Peñalver, Moreno, Silvia (Campoamor, min 46), Daniela (Casado, min 79), Ayuso (Icíar, min 65), Mirdja, Tayre, Nuria e Canal (Monteserín, min 46).

UMIA C.F. (0): Iria, Nerea, Ahinoa Varela, Carla Piñeiro, Minerva Riveira (Graciela, min 70), Laura Souto, Uxía (Marga, min 58), Marta, Paula, Minerva Bóveda (Alicia, min 58) e Paula Palacios. 

GOLES: 1-0, min 25: Elizabet. 2-0, min 44: Canal. 3-0, min 49: Monteserín.

ÁRBITRO: Jónathan Martos. Sen amonestadas.