Ángel Sánchez volve á estrada seis meses despois no Gran Camiño

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

JOAO FONSECA

O ciclista cambadés disputa desde hoxe a rolda galega na súa quinta temporada no Tavfer-Mortágua luso

22 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Ángel Sánchez Rebollido é hoxe un dos 119 corredores que toman a saída da primeira das catro etapas do Gran Camiño. O cambadés comparte filas con outro dos contados ciclistas galegos no gran pelotón, o ourensán Andrés Taboada, un mozo de 21 anos que vén de dar o salto ao profesionalismo da man do vilagarcián Gustavo César Veloso, director por terceira temporada do Tavfer-Ovos Matinados-Mortágua.

«El año pasado la corrí, pero llegaba muy, muy cortito por una lesión. Este año también llego con un atraso importante en la preparación, por lo que no va a cambiar mucho», contaba o martes Ángel Sánchez á hora de valorar a súa inminente participación na Volta a Galicia se non oficial, si oficiosa. E é que, sinala, «a nosotros —os ciclistas de equipos portugueses continentais, como o Tavira, o Efapel, o Anicolor e o propio Tavfer— O Gran Camiño nos pilla con cinco o seis meses sin correr, mientras que los equipos continental-profesional y World Tour paran a finales de octubre y empiezan ya en enero».

No seu caso particular, Ángel pechou a temporada 2023 co final da Volta a Portugal, que correu lesionado de principio a fin tras caer no recoñecemento do prólogo e mancarse os dous xeonllos. Un contratempo que lle impediu pelexar polo seu obxectivo inicial de meterse entre os dez primeiros da xeral final. «Acabé saturado mentalmente», confesa o arousán, o que unido ao durísimo golpe de perder a comezos deste ano a seu pai, Modesto, ralentizou a súa óptima posta a punto a estas alturas da temporada. Así as cousas, «es muy complicado competir con bichos como los que hay aquí», di, caso dos Vingegaard, Bernal, Carapaz e demais lugartenentes e rivais das escadras World Tour.

Un ano máis, e xa van cinco desde a súa fichaxe polo Tavfer-Mortágua, o grande obxectivo de Ángel Sánchez no 2024 será a Volta a Portugal. Como encarala, di, dependerá do trazado final polo que opte a organización, algo que non se coñecerá ata probablemente o mes de xuño: «Si hay cuatro etapas pensadas para acabar al esprint, mi objetivo será ayudar al equipo a ganarlas. Si hacen un recorrido duro, me enfocaré en prepararme para aspirar a estar arriba en la general».

Antes, o cambadés recoñece unha especial predilección por tentar gañar a Clássica da Arrabida en marzo, logo de rodar diante nela no 2023. Pero engade: «Cuando estoy bien, cualquiera puede ser mi carrera favorita».