Última hora
El Tribunal Supremo anula el nombramiento de Dolores Delgado como fiscal de Memoria Democrática

O Torneo Salnés contará con equipos de Italia, Holanda e Dinamarca

vilagarcía / la voz

AROUSA

Xogaráse do 7 ao 9 deste mes entre Cambados, Meaño e O Grove, coa participación tamén das seleccións base de Galicia, de Asturias e de Cantabria

02 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O Torneo Internacional Deputación de Pontevedra Galicia-Salnés chega esta semana á súa cuarta edición. Desde o sábado e ata o luns 7 de decembro, cos pavillóns cambadeses do Pombal e do Instituto Cabanillas, o meañés de Coirón e o grovense do Monte da Vila como escenarios dos enfrontamentos das seleccións autonómicas infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas de Galicia, de Asturias e de Cantabria. Pero tamén con tres planteis de Zuid e un máis de Utrecht, procedentes de Holanda, o cadete feminino Aaurhus de Dinamarca, e o xuvenil masculino Kellona Palermo de Italia.

A cuarta edición da gran cita do balonmán base en Galicia profundiza deste xeito na liña de internacionalización que abrira un ano atrás. Daquela, coa presenza do cadete feminino do Zuid holandés e os infantís portugueses do Aguas Santas e do San Tirso -masculinos- e do Alpendorada e do Cale -femeninos-.

O torneo saliniense mantén tamén o seu espírito fundacional, pensado como posta a punto para as seleccións galegas de balonmán base a un mes dos Campionatos de España.

En paralelo, a dirección técnica da Federación Galega de Balonmán organizará este sábado, na Casa da Cultura do Grove, unha xornada de formación. Con charlas matutinas de Juan Antonio García Herrero, licenciado e doutor en Educación Física, e de Jenaro Félix, seleccionador nacional xuvenil feminino; e pola tarde de Jesús Rivilla, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, e de Eduardo Patiño, licenciado en Psicoloxía Clínica.