Elena Candia cre que é o momento de unirse e apostar polo Camiño Norte

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

Convocará a los alcaldes de los concellos por donde pasa la ruta

03 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A presidenta da Deputación e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, promoverá a creación dun ente entre os concellos polos que discorre o Camiño Norte (declarado recentemente Patrimonio de Interés Mundial) para establecer políticas de acción coordinadas e para unha maior promoción conxunta.

Elena Candia convocará por carta aos alcaldes/sas dos distintos concellos -Ribadeo, Trabada, Barreiros, Lourenzá, Abadín, Vilalba, Guitiriz, Begonte e Friol (por suposto Mondoñedo)- para trasladarlles esta proposta e comezar a traballar na futura constitución deste ente, «que permitirá aproveitar de xeito conxunto o potencial turístico que ofrece o Camiño Norte».

«Estamos -di- ante o reto de saber aproveitar con intelixencia a declaración desta ruta norte xacobea como Patrimonio Mundial da Humanidade, o que a sitúa como referente mundial».