«Quizais non sexa desatinado no futuro, pero non é o momento»

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

O alcalde de Mondoñedo opina sobre unha hipotética fusión con Lourenzá e Barreiros

05 oct 2014 . Actualizado a las 18:33 h.

O alcalde de Mondoñedo, o nacionalista Orlando González ten claro que os tempos están mudando e que cedo ou tarde a fusión de concellos estará enriba da mesa. É unha opción á que, por iso, non lle pecha a porta.

«Unha fusión con Lourenzá ou con Barreiros, quen sabe, en principio eu non a vería desatinada, pero non é o momento de plantexalo. Antes hai que explorar outras posibilidades, como a de mancomunar servizos. É certo que xa temos a Mancomunidade de Municipios de A Mariña, pero falo de mancomunar servizos entre uns poucos concellos, por exemplo a recollida de lixo, a luz, a reparación de camiños. O que non pode ser é que todos os alcaldes queiramos ter todos os servizos. Nos temos unha escola de música que se pode nutrir de alumnos de Lourenzá, como os de aquí poden ir a facer cousas a Lourenzá. De feito xa temos a experiencia das escolas deportivas municipais compartidas, que é moi positiva».

-Plantexar unha fusión, en todo caso, esixe valentía e quizais non sexa o máis politicamente correcto para un alcalde.

-O problema é que os concellos teñen moita historia e parece como si se renunciara a parte da historia, e iso costa. Pero tampouco hai que anclarse no pasado. -Non o descarta, pois, pero non neste momento.

-Para o futuro quizais non quede outra. Pero antes hai que deixar de lado o partidismo e mancomunar servizos entre concellos para aforrar. E si iso non funciona, pois xa veremos