Pola continuidade de Preescolar na Casa

La Voz

LUGO

09 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Esixir á Xunta a recuperación das subvencións que permitan a continuidade do programa Preescolar na Casa e o mantemento do persoal. Esta foi unha das decisións adoptadas onte pola ducia de pais e nais lucenses participantes neste programa que se reuniron para avaliar a situación actual. Ademais de facer un recoñecemento público dos traballadores e do servizo que prestan, os proxenitores comprometéronse a apoiar as mobilización de apoio a este programa. foto pRAdero