Produtos de tempada para celebrar os dez anos da Aula micogastronómica A Fervenza

La Voz

LUGO

12 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Ata o 8 de decembro terán lugar na Casa Grande da Fervenza as tradicionais Xornadas gastronómicas de outono, que darán comezo mañá coa Aula micogastronómica. Para conmemorar que tanto a aula como as xornadas acadan unha década de celebración, este establecemento de turismo rural contará mañá con destacados especialistas que coordinarán o menú-degustación, no que se ofrecerá unha maridaxe de cociña de outono, cogomelos e viños.

A xornada comezará ás 12.30 cun paseo polo bosque da Fervenza, guiado polo micólogo Antonio Paz, no que se recollerán e se identificarán cogomelos. Ás 14.30 dará comezo a degustación do menú, composto por: micoentrantes; ovo ecolóxico con boletus edulis; brocheta de zamburiñas con verduras e setas ao aroma de queixo de San Simón; morcilla de Burgos ao forno con láminas de mazá brava e setas; fabas de Lourenzá con lingua de gato, lacón, morcilla e touciño; cochinillo de porco celta asado ao forno con confituras e setas; e repostería con cogomelos.

É imprescindible reservar no 982 150 610.