A homenaxe foi convocada nunha web, á marxe dos actos oficiais do 17 de maio
Arredor de medio millar de persoas procedentes de diversas localidades galegas participaron onte no Courel nunha homenaxe a Uxío Novoneyra organizada á marxe dos actos oficiais do Día das Letras Galegas, que contou coa participación da familia do poeta. Os asistentes camiñaron ata Parada, a aldea natal de Novoneyra, nun traxecto de cerca de tres quilómetros desde a antiga ferrería de Seoane. Durante o percorrido, que comezou sobre as once e media da mañá, fixéronse máis dunha decena de paradas para recitar poemas e interpretar pezas musicais.
En Parada houbo unha ofrenda floral diante da casa natal de Novoneyra na que participaron alumnos do colexio público de Seoane. Ao mesmo tempo, varios actores do grupo teatral Achádego, misturados entre o público, recitaron poemas do homenaxeado. A actuación, que comezou sen previo aviso, causou certa sorpresa entre os asistentes.
Os actos terminaron no pavillón deportivo colexio de Seoane, onde o escritor Xosé Lois García e unhas vinte e cinco persoas máis -incluída a alcaldesa do Courel, Lola Castro- pronunciaron diversas alocucións en memoria de Novoneyra, lembrando a súa traxectoria literaria, cívica e política, e recitaron poemas seus. En principio estaba previsto celebrar en Parada esta última parte da homenaxe, pero foi trasladada a Seoane ante a ameaza de mal tempo.
A homenaxe foi organizada a través dunha páxina web que Xosé Lois García e o informático Fernando Galindo crearon no 2007 a fin de recoller sinaturas para pedir que a Real Academia Galega dedicase a Uxío Novoneyra o Día das Letras Galegas deste ano. A iniciativa contou co apoio do Concello do Courel e de diversos colectivos deste municipio e doutras partes de Galicia.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios