Lugo ten futuro cos centros que explican o pasado romano

Adolfo de Abel Vilela LUGO.

LUGO CIUDAD

Estes museos poden facer unha gran achega para potenciar o turismo

09 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Este tipo de establecementos, do mesmo xeito que os museos, son o produto cultural que serve para recuperar, conservar, mostrar e divulgar elementos mobles e inmobles do noso patrimonio. Non todos son iguais, pois nuns teñen máis peso os elementos tanxibles musealizados e noutros a información. Cos monumentos inmobles son o produto turístico por excelencia, imprescindibles se queremos que Lugo non sexa unha cidade de paso senón de parada e estancia obrigada.

Neste momento relacionados co Lugo romano están en funcionamento o Centro Arqueolóxico de San Roque e a Casa dos Mosaicos, e o futuro complexo arqueolóxico do Vicerreitorado cuxa apertura anunciouse para o 2009 e agora dise que non se abrirá ata o 2012.