pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

crónica Música galega para todos

Lugo Cultural presenta o terceiro ciclo Lubicán, que inclúe catro concertos, un deles de Berrogüetto

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:

Representantes de Lugo Cultural presentaron onte a terceira edición do ciclo de concertos Lubicán, que pretende achegar ao público a música feita por grupos galegos de diferentes estilos e con diferentes formacións. O programa de concertos desenvolverase todos os cuartos xoves de cada mes, dende marzo ata xuño, coa participación de representantes de estilos tan diversos como o jazz, o flamenco, o folk ou o pop.

A actuación do grupo Sumrrá dará comezo ao ciclo Lubicán o día 25 de marzo cun concerto na Escola Universitaria de Formación do Profesorado. Este programa musical continuará o 22 de abril coas actuacións de Marcos Teira e Lar Legido , e Aló Irmao na praza de Santa María; o 2 0 de maio terá lugar a actuación de Berrogüetto no Auditorio Gustavo Freire; e o 24 de xuño Sonoro Maxín dará o recital que pechará este ciclo na praza de Santa María.

A entrada a todos os concertos será gratuíta, agás no caso de Berrogüetto, cuia recadación se destinará á compra da casa de Manuel María en Outeiro de Rei para convertela en casa-museo. Estas entradas poderanse adquirir dende o 6 de abril na Oficina de Cultura do Campus de Lugo, no edificio do Vicerreitorado.

Á presentación do programa de concertos do ciclo Lubicán asistiron a vicerreitora de Cultura da USC, Elvira Fidalgo; o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Carlos Rodríguez Andina; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; a concelleira de Economía e Emprego do Concello de Lugo, Sonia Méndez; e o xerente da Fundación Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez.

 

ENVIAR NOTICIA  

crónica Música galega para todos

Lugo Cultural presenta o terceiro ciclo Lubicán, que inclúe catro concertos, un deles de Berrogüetto

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:

Relacionados de la noticia

 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.