pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

crónica ¿Qué pasa coas pasarelas?

Unave interésase por unha serie de obras solicitadas o pasado verán ao Concello e aínda non executadas

Autor:
C. López
Fecha de publicación:

A Unión de asociacións veciñais e culturais de Lugo (Unave) solicitou entrevistarse con representantes do Concello para coñecer a situación actual das peticións que este colectivo realizou no verán pasado en relación cunha serie de obras, algunhas das cales consideran desde este colectivo que deberían executarse este ano.

Desde Unave cren necesario que se solucionen os trámites burocráticos que impiden acometer unha obra tan demorada como a pasarela do río Miño á altura do Club Fluvial. Tamén se interesan pola situación do estudo do Ministerio de Fomento para acometer a pasarela sobre a N-VI á altura do estadio Ángel Carro para comunicar ambas marxes da estrada, facilitando así as saídas e entradas do recinto feiral e dos acontecementos deportivos.

No apartado de obras, as peticións destas asociacións refírense ao asfaltado de pistas en Orbazai e na zona As Regas-Carballido; o arranxo xeneralizado do mercado de Fingoi; o soterramento dun transformador eléctrico en mal estado de conservación na rúa Carpazas; a renovación de beirarrúas no grupo La Paz e a limpeza e mellora de xardíns; a construción de beirarrúas, iluminación e rebacheo en distintas zonas do barrio das Gándaras, como Camiño de Romai e rúas San Xosé e Torre de Doncos; e a eliminación de tapóns urbanísticos na rúa Sanxillao.

Piscina e zona de baño

Unave demanda por outra parte a creación dunha piscina municipal na zona sur da cidade, xa que unicamente existe a do parque de Frigsa, na zona norte da cidade. De cara á temporada de verán, desde Unave consideran prioritario acometer o acondicionamento dunha zona de baño no paseo do Miño, máis ou menos á altura da pasarela que atravesa a N-VI, o cal facilitaría o disfrute a moitos veciños  que utilizan este paseo na época estival.

Polo que respecta á paralización da aprobación do Regulamento de participación cidadá, estancado principalmente pola elección de pedáneos, e solicitada maioritariamente na comisión que estuda o borrador e non aceptada polo equipo de goberno, o presidente de Unave, Valentín Arias entende que «debe ter unha vía de saída procedendo a elixir representantes dos veciños diante do alcalde nos sitios onde non exista unha asociación veciñal representativa. Parécenos lamentable que a Ley de grandes ciudades, que entre outros temas facilita a creación de distritos  e órganos de representación veciñal nos mesmos, con orzamento propio, estea practicamente paralizada por este motivo».

 

ENVIAR NOTICIA  

crónica ¿Qué pasa coas pasarelas?

Unave interésase por unha serie de obras solicitadas o pasado verán ao Concello e aínda non executadas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
¿Qué pasa coas pasarelas?
Estado da que ía ser a pasarela do Miño a finais do 2009
Autor de la imagen: | D. VÁZQUEZ
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.