Un intérprete novo para a vella música do Courel

LUGO

O gaiteiro Marco Foxo -fillo do director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Lois Foxo- presentará hoxe na capital da provincia o seu primeiro disco, que recolle unha parte significativa do legado musical da Serra do Courel, onde este intérprete ten as súas raíces familiares. A presentación celebrarase á unha da tarde de hoxe na galería Sargadelos e comprenderá unha pequena actuació do músico na Muralla lucense. Marco Foxo, de 19 anos de idade, gañou o primeiro premio de gaiteiros solistas da última edición da Liga Galega de Bandas de Gaitas.

Entre as compopsicións incluídas no disco figura a jota A volta do baile , una peza típica do repertorio dos Padernes, unha orquestra popular formada por músicos de diversas xeracións que animou as festas do Courel zona desde os inicios do pasado século ata os anos 80. Marco Foxo interpreta ademais as melodías tradicionais Canta a rola e A curuxa -recollidas e transmitidas pola cantora popular Amadora González Gancedo, de Romeor- e Alalá do Courel , que mistura cunha composición propia, Muiñeira de Entrecinsa , dedicada a unha aldea de Vilariño de Conso.