A lembranza da aldea chairega servíalle en Madrid a unha rapaza de África para recordar a súa tribo

La Voz

LUGO

12 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A capacidade evocadora das palabras confírmase unha vez máis escoitando unha experiencia de Campello. Conta [a conversa tivo lugar onte pola tarde, por teléfono] que unha compañeira da súa estadía en Madrid lembraba a súa terra cando a rapaza de Guitiriz falaba da súa. A que escoitaba non era da Terra Chá nin de Galicia, xa que procedía de África: «Cando falas da túa aldea, vexo a miña tribo», dicíalle.

A obra ten catro partes e 52 poemas. Seguindo cos números, a súa públicación é a sétima achega da colección As foulas do Rañego, que promove a Irmandade Manuel María. A escritora Marica Campo, a traballadora social Pastora Veres e Alfonso Blanco, coordenador da entidade que publica a obra, intervirán coa autora na presentación.