Unha obra analiza cruceiros, cristos e cruces de Muras

La Voz

LUGO

Fernando Arribas, José Manuel Blanco e Mario Saavedra poñen ao dispor dos interesados no patrimonio chairego unha nova achega sobre tres elementos -cruceiros, cristos e cruces- moi presentes en toda a comarca. A nova obra céntrase no concello de Muras, e inclúe ampla documentación sobre esas construcións, nalgúns casos xa desaparecidas. Na presentación interveñen ademais o escritor Darío Xohán Cabana, autor do limiar, e Manuel Castro, presidente do Iescha, que edita a obra.