Axudas que non chegan e que quitan as ganas de denunciar

La Voz

LUGO

Moitos dos gandeiros aos que os lobos lles mataron animais non cursan a correspondente denuncia ante a Consellería de Medio Ambiente. Din que as axudas son escasas e que non sempre chegan, e cando o fan é tarde e mal. Gandeiros que denunciaron no verán aínda non recibiron indemnización.