Karaoke e cine para os máis pequenos de Lugo

La Voz

LUGO

Todos os sábados pola mañá, no Centro de convivencia Maruja Mallo, situado en Entrecarrís, na capital luguesa, haberá actividades de ocio para os nenos organizadas polo Concello. A primeira sesión terá lugar este sábado. Ás dez haberá unha sesión de karaoke e ás 11.30 proxectarase a película El príncipe de Egipto. O acceso a estas actividades é libre e gratuíto e non é preciso inscribirse para participar.