«Cada un no seu ten que intentar ser o mellor para quedar regular; un rinde máis se lle gusta o traballo»

La Voz

LUGO

A barbería de Romeiro é a máis antiga da provincia, ou polo menos, a máis antiga que non deixou de traballar en ningún momento. Cando se incorporou Manuel Vigo, en Mondoñedo eran seis barbeiros -«Dionisio, Patolo, Paco, Manolo, San Lázaro e eu»- e dúas perruqueiras. Hoxe queda unha barbería e funcionan seis perruquerías. Mondoñedo perdeu moita poboación «e a xente cada vez ten menos tempo para perder». «Antes viñan afeitarse e estaban conversando unha hora, hoxe todo vai á présa». Vigo cumpriu co propósito «de defender o nome do negocio o mellor posible». «Cada un no seu ten que intentar ser o mellor para quedar regular; se a un lle gusta o traballo rinde máis e cústalle menos».