Galaxia presenta dúas reedicións das obras máis destacadas de Celestino Fernández de la Vega

La Voz

LUGO

10 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O Club Valle Inclán e a editorial Galaxia presentaron onte na Deputación as reedicións de O segredo do humor e Ensaios a proba do tempo , de Celestino Fernández de la Vega (Friol, 1914-Lugo, 1986). O acto foi presentado polo director de Galaxia, Víctor Freixanes, e a presidenta do Valle Inclán, Tonina Gay, entre outras persoas, entre elas o alcalde de Lugo, José López Orozco.

O segredo do humor

, publicada en 1963, trátase dunha das obras fundamentais no ensaio en galego. O autor reflexiona sobre o humor como expresión da relación do suxeito co mundo no que vive. Conta cun limiar de Ramón Piñeiro, con que De la Vega traduciu ao filósofo Martin Heidegger.

Pola súa banda, Ensaios a proba do tempo recolle artigos e textos que foi elaborando ao longo da súa vida e recollidos en numerosas publicacións. Na edición de Galaxia están ordenados cronoloxicamente pola data de publicación. Ademais, respéctase o idioma no que foron dados a coñcer,en galego e castelán.