«Os cultivos enerxéticos cambiarán notablemente a paisaxe forestal»

La Voz

LUGO

«O uso da biomasa con fins enerxéticos vai supoñer importantes beneficios: por un lado, menos contaminación atmosférica e redución do efecto invernadoiro, e por outro, revalorización dos montes, porque a biomasa vai pasar de ser un residuo a converterse nunha materia prima, que terá un prezo, que reverterá no propietario forestal. Existe tamén a vía, aínda que menos desenvolvida, de facer nos montes cultivos específicos para producir biomasa para queimar. En definitiva, cos cultivos enerxéticos, xa sexan para producir biomasa ou para sementes de plantas oleaxinosas, no futuro pode cambiar de forma importante a paisaxe agroforestal de Galicia.