SUPLEMENTO EXCLUSIVO
El próximo jueves, con La Voz, una nueva edición de la Guía de Másters de Galicia
El próximo jueves, con La Voz, una nueva edición de la Guía de Másters de Galicia
22 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
Para Xusto Rodríguez Río, o galego no eido veterinario atravesa por dúas situacións bastante contrapostas. Por un lado, é a lingua maioritaria no que se refire ao traballo de campo que este profesionais levan a cabo cos propietarios dos animais. Sen embargo a situación cambia totalmente no apartado da formación, xa que a docencia en galego na Facultade de Veterinaria sitúase arredor do vinte por cento. Como di Rodríguez: «un alumno pode pasar ata un ano enteiro sen recibir clases en galego». Para este membro do Servizo de Normalización Lingüística da USC, isto representa unha grande carencia e considera que sería bo para a formación e a capacitación dos veterinarios que recibisen máis clases en galego.