pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lugo
Ir a la Portada

Buscador de contenidos

Elige:

O grupo Arrhythmia será teloneIro do baixista Fernando Saunders

A banda de rock lucense crea un concurso de debuxo para a portada do seu próximo disco

Autor:
Carlos Vázquez
Fecha de publicación:

O mercado musical xa non é o que era e cómpre aguzar ben o enxeño para sobrevivir nel. Por esa razón o grupo de rock lucense Arrhythmia ideou unha forma de chegar ao público a través dun concurso de debuxo que vai servir, ademais, de portada do seu próximo disco P ara cerrar boca ; un traballo que gravan nos estudos Abrigueiro de Arturo Vaquero e que vai saír á venda en 2009.

O éxito desta iniciativa artística e comercial parece asegurado despois de que transcorridos só dous días dende que colgaron as bases na web, recibiran corenta e dous correos electrónicos de persoas interesadas nesta proposta que terá un dobre premio, pois amais do puramente artístico, quen resulte gañador obterá unha contía de 100 euros. As bases, que poden consultarse en http://Arrhythmialugo.blogspot.com establecen que cada participante deberá escoller o formato A3 ou A4 para o seu deseño; a técnica e o estilo son libres anque os debuxos deberán partir dunha fotografía que se lles enviará aos interesados o día 15 de decembro, data na que remata a opción de concursar. Dende ese día até o 15 de xaneiro terán de prazo os mesmos para mandar os seus bocexos.

«A idea do concurso xurdiu porque tiñamos moi clara a mensaxe e a imaxe que queremos que apareza. A ningún nos convencía a típica portada con foto; mais ao contrario, queremos que ao coller o disco se perciba a sensación de ter arte entre as mans», explica o cantante e guitarrista Alberto Busto. Canda el, completan o grupo: Alex Maciñeiras (baixo), Emiliano Caballero (guitarra) e o batería Aitor «Who» Martin.

Todos eles son conscientes da accesibilidade da música por internet e do que iso supón. «Parécenos fantástico que sexa así pero hai que telo en conta e darlle máis motivos ao comprador para que gaste 10 euros nun cedé», conclúen os integrantes desta formación que o venres 28 de novembro, na sala Clavicémbalo, serán os teloneros do baixista norteamericano Fernando Saunders. «Xurdiunos a posibilidade por medio da persoa que lle organiza a xira en España; non podíamos dicir que non a unha figura que tocou con Lou Read, Eric Clapton e Jeff Beck», asegura ironicamente Busto. Saunders, que tamén colaborou con John McLaughlin e Larry Young, presentará en directo I will break your fall , o seu último álbum en solitario.

Himno galego

Arrhythmia leva dous anos dando concertos por toda Galicia e traballando nos temas do novo disco. «A nosa música é unha mestura de rock urbano, ten pinceladas de pop e fica marcada por unha grande influencia e respecto polos clásicos», asegura Alberto Busto, sorprendido pola boa acollida do concurso co que espera que o grupo sexa máis coñecido. Quen non desexe esperar ao próximo concerto, pode acceder á web www.myspace.com/arrhythmialugo para descargar cancións como Roquero, Por mil versos, 2,50 metros, Antes de morir e incluso unha versión roqueira do himno galego que escribiu Eduardo Pondal e que paga a pena escoitar.

 

ENVIAR NOTICIA  

O grupo Arrhythmia será teloneIro do baixista Fernando Saunders

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
O grupo Arrhythmia será teloneIro do baixista Fernando Saunders
O grupo lucense está integrado por catro músicos
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lugo
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lugo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.