pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lugo
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Docentes demandan un plan específico de formación para atender ao alumnado foráneo

Presentado na Facultade de Humanidades o libro «Integración lingüística e inmigración»

Autor:
C. López
Fecha de publicación:

Integración lingüística e inmigración é o título do libro que onte foi presentado na Facultade de Humanidades do campus lugués. As responsables da súa edición son as profesoras do departamento de Lingua Española María Teresa Díaz García, Inmaculada Mas Álvarez e Luz Zas Varela; mentres que Carme Silva Domínguez, profesora do departamento de Filoloxía Galega, foi a encargada da supervisión lingüística da obra, así como da tradución de tres capítulos que orixinariamente non estaban en galego.

Como sinalou Inmaculada Mas na presentación, o xermolo deste libro foi o curso de verán «Ensino de segundas linguas a inmigrantes» celebrado na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago no mes de xullo do 2007. Non obstante, os dez capítulos do libro non se corresponden exactamente coas relatorios presentadas nese curso, senón que se trata de traballos orixinais, feitos para esta obra e relacionados co tema abordado nese curso de verán.

Trátase en calquera caso dun volume heteroxéneo, no que o tema central se aborda desde o ámbito educativo, o ensino de linguas estranxeiras e a acollida e orientación dos inmigrantes nos centros.

Como explicou a profesora Mas Álvarez, os primeiros capítulos do libro están centrados nos traballos xerais, coma o do profesor Miguel Anxo Santos Rego, que integra un grupo de investigación sobre a inmigración e a escola en Galicia. Este docente constata o incremento do alumnado foráneo, sobre todo en Primaria, e súmase ao chamamento do resto de profesores que demandan un plan específico de formación que lle permita ao profesorado atender mellor as necesidades educativas dos inmigrantes.

Experiencias concretas

Ademais de recoller os manifestos e propostas que sobre o tema tratado saíron dos foros celebrados en Santander, Alicante ou Granada, no libro tamén teñen cabida proxectos concretos. Así, o capítulo do que é autora Carme Silva recolle unha iniciativa de formación en lingua galega para inmigrantes. Inmaculada Mas referiuse a este traballo como un artigo de referencia para aqueles que queiran coñecer a situación en Galicia.

Na obra hai espazo ademais para dar conta de experiencias multilingües, como a que relata o profesor da USC Andrés Suárez Yáñez, e outras nas que se teñen en conta, por exemplo, as variacións do castelán ou do español en Hispanoamerica.

Tres capítulos do libro presentado onte xiran en torno aos aspectos metodolóxicos do ensino dunha segunda lingua a inmigrantes, referíndose en particular ás clases de español para inmigrantes adultos. Un deses capítulos é o de Ignacio Palacios Martínez, que se centra no papel das linguas. En relación con esta cuestión, Mas Álvarez sinalou que na actualidade é posible contar con bos manuais de ensino para alumnos de Secundaria que veñen de fóra.

Para rematar, os dous últimos capítulos do libro están dedicados a explicar algúns dos programas de acollida e orientación para alumnado inmigrante postos en marcha en centros de ensino galegos. Mentres que o artigo de María Teresa Díaz García se dedica a teorizar sobre ditos programas, o traballo de Carmen Montero López aborda a posta en práctica dun deses programas.

Inmaculada Mas agradeceu o esforzo dos autores de cada un dos traballos que compoñen o libro Integración lingüística e inmigración . Neste sentido destacou que ese empeño fixo posible que esta obra estivese lista un ano despois de rematado aquel curso de verán, polo que os asistentes á segunda edición xa puideron dispoñer del.

 

ENVIAR NOTICIA  

Docentes demandan un plan específico de formación para atender ao alumnado foráneo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Docentes demandan un plan específico de formación para atender ao alumnado foráneo
Veiga, Torres e Mas nun momento da presentación do libro
Autor de la imagen: | MARÍA LÓPEZ
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lugo
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lugo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.