Como cada día, Khalid Zahir (Marrocos, 1980), acude á autoescola. Chama a atención entre os seus compañeiros por falar galego e polas súas ganas por aprender. A maioría deles teñen 18 anos e deciden sacar o carné de conducir, case na súa totalidade, só polas súas arelas de liberdade.
-¿Por que optache por sacar agora o carné de trailer (C+E)?
-Para poder traballar como camioneiro. Aínda así, preferiría traballar en calquera outra cousa aquí en España. Pero, se non xurde, hai moitas empresas españolas en Marrocos que te contratan para transportar peixe.
-Pero, ¿en Marrocos haberá un cento de camioneiros dispostos a traballar nisto?
-É certo, pero estas empresas só contratan a españois ou extranxeiros con papeis. Eu teño o permiso de residencia permante e iso facilita moito as cousas.
-¿É difícil manexar un trailer?
-Para min non. Aínda que sí que é certo que determinadas maniobras requiren certa maña, unha delas é a da 'L'. Pero, cun pouco de práctica é coma todo, remata por sair.
-¿Conducir este tipo de vehículos é só cousa de homes?
-Non, para nada. Hoxe en día vemos moitas mulleres ao volante dun camión, dos buses urbanos. Eu creo que a clave está en respetar as normas e nas capacidades de cada un, independentemente de que sexa un home ou unha muller.