Os ecosistemas forestais galegos serán de vexetación empobrecida e pouco estruturada por causa do cambio climático. O dato aparece recollido nunha recente investigación do grupo Ecoloxía do Lume, que dirixe a profesora da USC Mercedes Casal. O estudo revela que tralos incendios, as zonas rexeneraranse con lentitude, deixando o solo desprotexido durante largo tempo e provocando unha maior vulnerabilidade de erosión.
O proxecto, no que colaboran catro profesores da Facultade de Bioloxía e tres da Escola Politécnica, estase a realizar en preto de cincuenta ecosistemas forestais de Galicia, situados en oito lugares climaticamente diferenciados. Á vez, parte do equipo está a estudar a capacidade de rexeneración das poboacións vexetais tras un incendio. Polo de agora, afondaron nos hábitos completos de 37 especies forestais, que permitiron establecer catro categorías de plantas.