«Faremos charlas na Milagrosa para tratar temas educativos cos pais»

Beatriz Franco

LUGO

As necesidades e propostas do barrio da Milagrosa foron recollidas na súa revista anual que vai xa polo seu quinto número. Desta presentación encargouse o presidente da Asociación de Veciños deste barrio, Valentín Arias (Viveiro, 1942).

-¿Cal é o cometido desta publicación?

-A función da revista é recoller as opinións e propostas dos cidadáns, no só do barrio senón de xente de fóra, que aportan ideas para melloralo. Este é o quinto ano dunha revista á que lle profesamos moito cariño. Nesta ocasión contamos con artigos de opinión moi bos, de tres concelleiros dos distintos grupos políticos que viven na zona, acerca do que se fixo no barrio, e do que falta aínda por realizar.

-¿Por onde pasan as súas preocupacións?

-A revista contén un artigo de fondo sobre os catro centros escolares que temos. No mesmo, proponse a necesidade de organizar a finais de abril e maio unha serie de charlas, encontros e debates, para dar unha resposta a esa demanda dos pais en canto á educación dos seus fillos, abordando diversos temas como o das drogas ou as ludopatías.

-¿Hai unha mirada ó pasado?

-Temos un apartado moi bonito que comprende fotografías antigas, é unha sección do barrio no recordo. Son instantáneas do ano 1952. Hai unha de cando estaba xa construído o propio templo pero aínda non existían as rúas nin os colexios dos aledaños.