pub
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Paleolítico de Lemos, ano terceiro

O plano arqueolóxico iniciado no 2006 reanúdase con actividades de divulgación

Autor:
Francisco Albo
Fecha de publicación:

A terceira campaña de investigación dos xacementos paleolíticos do sur lucense que coordina a Universidade de Santiago (USC) comezará a primeiros de abril con novidades importantes con respecto aos dous primeiros anos. Por primeira vez desde o inicio deste proxecto científico, os investigadores realizarán sondaxes arqueolóxicas no subsolo do Val de Lemos, concretamente no municipio do Saviñao. Ata agora, todos os artefactos líticos localizados nesta comarca foron achados en prospeccións feitas na superficie do terreo, e as catas e escavacións limitáronse ás que se fixeron o verán pasado en varias covas de Becerreá e do Courel.

Por outra parte, o programa de actuacións trazado para este ano comprende -tamén por primeira vez- actividades de divulgación dirixidas ao público en xeral. Estas iniciativas xa estaban previstas desde que a USC puxo en marcha o proxecto, na primavera do 2006, pero ata o momento o traballo centrouse case exclusivamente na investigación. As descubertas realizadas na zona foron difundidas nos medios académicos a través das revistas especializadas Gallaecia e Croa e nun congreso sobre prehistoria celebrado en Ávila o pasado xuño.

Exposición e conferencias

Estas actividades de divulgación consistirán nunha exposición didáctica e nunha serie de conferencias que se celebrarán unha vez terminada a nova fase de investigación que se desenvolverá durante a maior parte do mes próximo. «Pensamos que xa é hora de dar a coñecer á xente todo o que estamos descubrindo e de paso, agradecer o importante apoio que nos están prestando as institucións locais», comenta o catedrático Ramón Fábregas, director do proxecto de investigación. «Non só divulgaremos as investigacións realizadas nos dous primeiros anos, senón que tamén falaremos das que se van facer esta mesma primavera», engade.

Os responsables do proxecto colaboran co Concello de Monforte para preparar a exposición, cuxa ubicación aínda está por decidir. A súa intención é que permaneza aberta durante varios meses, para que o maior número posible de veciños do sur lucense poidan informarse sobre a importancia dos achados que se están realizando actualmente na zona. A exposición podería inaugurarse en maio -as datas aínda non son seguras- e os organizadores intentarán que o acto de apertura coincida coas conferencias divulgativas, que se ofrecerán nos locais do Centro de Formación e Experimentación Agraria.

Novas investigacións

Por outro lado, os arqueólogos seguirán rastreando esta primavera en diversas zonas da comarca en busca de novos vestixios das industrias do Paleolítico. Nesta ocasión, a busca centrarase no oeste e no leste da depresión de Lemos, mentres que as prospeccións levadas a cabo no 2006 e no 2007 tiveron por escenarios principais as áreas norte e sur do val. Os traballos previstos para abril durarán aproximadamente entre tres e catro semanas. Máis adiante, ao longo de todo o mes de xullo, os investigadores continuarán as escavacións iniciadas o ano pasado nas covas de Valdavara, en Becerreá. En agosto proseguirán así mesmo as prospeccións das cavernas da Serra do Courel, comezadas igualmente o verán pasado.

 

ENVIAR NOTICIA  

Paleolítico de Lemos, ano terceiro

O plano arqueolóxico iniciado no 2006 reanúdase con actividades de divulgación

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lugo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lugo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd