pub
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

No lugar hai restos dun castro que foron visibles ata principios dos anos oitenta

Fecha de publicación:

O sartego de Fornas non é o único elemento de interese arqueolóxico que se encontra nesta zona. Nas inmedicacións da sepultura, a unha distancia de en torno a douscentos metros deste punto, existiu un castro que hoxe non é visible debido ás importantes alteracións sufridas por estes terreos, pero algúns vestixios das súas construccións aínda eran perceptibles a principios da década dos oitenta. «É un caso moi parecido ao do castro que encontraron hai pouco tempo en Lugo, no barrio da Piringalla, que tamén estaba totalmente oculto», sinala a este respecto Iván Álvarez. «Se se fixese unha escavación, probablemente aparecerían restos dese asentamento», opina.

Baseándose en testemuños dos veciños, Álvarez indica que o castro debeu de ter unha forma circular similar ao de Guítara, en Pantón. Ao parecer, estaba defendido por unha muralla de terra que polo lado interno se encontraba reforzada con pedras. No lugar foron encontrados numerosos obxectos relacionados seguramente con este asentamento castrexo: muíños de man, fusaiolas -pezas de tear-, fragmentos de cerámica...

Por outro lado, o arqueólogo non desbota a posiblidade de que no lugar teña existise tamén unha capela medieval que puido estar asociada á tumba rupestre. «É probable que a houbese, pero para demostralo habería que encontrar restos recoñecibles», puntualiza.

 

ENVIAR NOTICIA  

No lugar hai restos dun castro que foron visibles ata principios dos anos oitenta

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lugo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lugo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd